"É orde natural entre os humanos que as mulleres estean sometidas ao home, porque é de xustiza que a razón máis débil se someta á máis forte".
San Agostiño
|
Desde os albores do tempo a muller estivo subrogada á vontade do home, por ser este máis forte, máis intelixente e máis capacitado para estar ao mando. Historias antigas que alimentan os estereotipos do machismo profundo, que tanto dano fai, porque agroma dende o inconsciente e se apropia da nosa forma de pensar e actuar.
Fátima xoga ao fútbol; é un macholiño. Mira a Brais, está chorando como unha nena. Elena, por favor, esa linguaxe non é de señoritas. Pedro, compórtate como un home. É ese tipo de machismo que presupón o masculino por defecto, o que nos leva a falar de deporte e deporte feminino, sobreentendendo que o deporte por norma xeral sempre é de homes, e para enfatizar que non é así, obriga a etiquetar como feminino aquel onde o suxeito é a muller. Non imos falar de deporte feminino na Galiza. Imos falar de deporte na Galiza. A nosa terra está chea de mulleres e homes, nenos e nenas deportistas. O deporte ten a oportunidade de mellorar a sociedade achegándolle os valores implícitos na súa práctica: esforzo, honradez, humildade, paixón, superación… Pero o deporte na Galiza ten unha materia pendente: a inclusión real de todas as persoas da sociedade. Mentres deporte signifique realmente deporte masculino, mentres as mulleres sigan sen ter repercusión nos medios, mentres sigan existindo “deportes de nenas” e “deportes de nenos”, o deporte aínda terá moito que avanzar no camiño á inclusión, o fin último do deporte é unir a todas as persoas nun mesmo equipo. Por iso queremos reivindicar o uso da expresión "como unha muller". Facer algo como unha muller nunca debería ser considerado algo negativo, de débiles, de persoas menos capaces ou válidas. Pero o certo é que, cando empregamos esta expresión, a nosa cultura engade ao significado literal unha serie de connotacións negativas. Pero non é verdade. Por iso nós adestramos, competimos, corremos, xogamos como mulleres. |
O roteiro para deportistas
Axúdanos a completar o noso roteiro en google maps engadindo os lugares, clubes, asociacións ou equipos onde se pode practicar deporte sen atender a prexuízos de xénero.
|
D E P O R T I S T A S
Como viven estas deportistas a súa práctica habitual? Como a viviron sendo nenas? Con que estereotipos nos atopamos no noso día a día? A inxustiza social no ámbito de xénero mellorou moito dende a época das nosas avoas, pero queda moito que mellorar. Con que estereotipos temos que convivir a día de hoxe as deportistas?
|
Ximnasia rítmica
"Comentario"
|
Fútbol gaélico
"Comentario"
|
Rugby
"Comentario"
|
Fútbol
"Comentario"
|
T E S T E M U Ñ O S
Golpe de realidade
C O N T R A S T A N D O I N F O R M A C I Ó N N A S R Ú A S
Os medios de comunicación desempeñan un papel decisivo á hora de facer dunha persoa o referente. As aparicións nos medios de comunciación, a importancia que se lles dea a esas persoas e como sexan tratadas determina como son vistas na sociedade. Por que uns deportes teñen máis repercusión que outros? É a sociedade machista ou simplemente non estamos tomando partido no cambio e seguimos deixándonos levar por unha tradición con décadas que determina que o fútbol é o deporte mediático e que, en particular, o fútbol masculino é o único que ten verdadeira relevancia.
Saímos a rúa a comprobar se os estereotipos machistas existentes na supremacía masculina nos medios de comunicación son reais. Aquí compartimos a nosa experiencia convosco. |
M E D I O S D E C O M U N I C A C I Ó N